miércoles, 20 de abril de 2011

Ata sempre

Hoxe despídome de vos con mágoa. Grazas por estos 6 meses que disfrutei moito.

Recordade que podedes deixar os cheques que cubrades, ben na oficina de Pontevedra ou ben en Marín. A axente de tempo de Marín rexistraraos na base de datos.

De momento seguides tendo este blog operativo para que vos poidades comunicar. Lembrade seguir as normas de uso.

Moitos abrazos para todos e ata sempre.

lunes, 18 de abril de 2011

Comunicado aos socios/as do Banco de Tempo

O proxecto do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra vense desenvolvendo dende o ano 2008 xestionado pola asociación sen ánimo de lucro A.D.R. PRODER II -Comarca de Pontevedra.

Esta entidade, unha vez cumpridos os fins para os foi creada, deixa de estar operativa a partir de maio de 2011. Nestas circunstancias, o Banco de Tempo, como proxecto dependente da ADR, vese afectado na súa continuidade.

Polo tanto, péchase unha etapa (2008-2011) de creación do Banco de Tempo tal e como o coñecemos ata agora.

Sen embargo, é o noso interese aproveitar o esforzo realizado para dar continuidade a un proxecto que ven marcado pola participación dos seus socios. Por iso estamos a traballar nas posibles vías de xestión e financiación que o permitan.
Dita continuidade pasaría por ter unha nova entidade xestora e polo tanto unha nova contabilidade e, con gran probabilidade, uns novos procedementos e protocolos.

Por este motivo os socios/as do Banco de Tempo, para garantir o disfrute das horas acumuladas, deben esgotar os seus saldos antes do 20 de abril. A partir de esta data non se garante que os intercambios realizados sexan rexistrados nin as horas compensadas.

A partir do 20 de abril de 2011 a situación queda do seguinte xeito:

• A Axente de Tempo de Marín, que seguirá desenvolvendo ata agosto o seu traballo dende a Granxa de Briz, será a persoa de referencia para todos os socios.

• Os intercambios grupais de manualidades, Tai Chi e informática teñen os espacios reservados ata o 31 de maio. A partir de esta data non se poderán ocupar nin prorrogar.

Calquera nova en relación ao posible reinicio ou continuación do Banco de Tempo será comunicada mediante os cauces oportunos.

Para que así conste a efectos de información dos socios do Banco de Tempo da comarca de Pontevedra a ADR PRODER II- Comarca de Pontevedra expide el presente comunicado en Pontevedra a 4 de abril de 2011.

viernes, 15 de abril de 2011

Menudo fiestón

Menudo fiestón o de onte na Granxa de Briz. Moitísimas grazas a todos por asistir e mais a Herminia e Clara. Aínda que a foto é do principio ao final xuntámonos alí máis de 30 persoas entre socios, familia, invitados e nenos. A merenda estivo riquísima, eu destacaría os bizcoitos e aquela empanada, uuummmm!
A aqueles que non fóstedes aconséllovos dar un paseo polos novos xardíns da Granxa, están abertos ao público e de verdade que paga a pena.

martes, 12 de abril de 2011

Festa 2º aniversario do Banco de Tempo

DATA: 14 ABRIL
LUGAR: Granxa de Briz, Marín
HORA: 17:30

Podedes vir con invitados e con nenos. A Granxa de Briz acaba de abrir un parque infantil ao aire libre que poderemos disfrutar todos.

Entre todos levaremos algo de comer e beber.

Entrega de premios da Liga de Xogos de Mesa e dos I premios do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra. Non faltes, poderías ser ti quen o recolla.

Encantaríame contar coa túa presencia, pois é a derradeira reunión á que asisto antes de rematar o meu contrato.

jueves, 7 de abril de 2011

Premios do Banco de Tempo

Xa queda menos para a entrega de premios e estos son os socios/as con máis posibilidade de levalo.
(Ollo: Os socios están ordenados por ID e non por orde de clasificación)


Categoría I: SOCIOS MAIS ACTIVOS



Categoría II: SOCIOS CON MAIS HORAS A FAVOR DO BDT
 

lunes, 4 de abril de 2011

Reunión de socios/as

DATA: 7 ABRIL
LUGAR: Pazo da Cultura, aula 6
HORA: 17:30

 Orde:
  • Situación do BdT:
    • Saldos
    • Intercambios
  • Blog
  • Festa 2ºaniversario do BdT
Imos tratar temas moi importantes relativos a continuidade do BdT por iso é importante que asistades e vos manteñades informados.

Por favor, confirmade asistencia.

viernes, 1 de abril de 2011

Empeza un novo intercambio grupal de Tai Chi

Datas: 1,15, 29 de abril e 13, 20 de maio
Lugar: Pazo da cultura, seminario 7
Hora: 18:00 a 19:30
Ofrece: ID 51

Este espacio so está reservado ata o 20 de maio, se a partir de entón queredes seguir co intercambio teredes que falar con Patricia para que busque un lugar en Marín.

Quen queira participar neste intercambio, por favor, que se poña en contacto coa Secretaría para facilitarvos a lista de participantes e teléfonos.

E recordade que as horas que ofrezades e demandedes deben estar equilibradas porque entraremos nunha etapa na que non vos poderemos garantir o consumo das mesmas.

jueves, 31 de marzo de 2011

O Mercado de Troco na prensa

O pasado 23 de marzo celebramos o I Mercado de Troco do Banco de Tempo e foi todo un éxito.

Saimos anunciado na Voz de Galicia.

E despois saíu unha reportaxe.

O anuncio tamén aparecera en ocio pontevedra.

viernes, 25 de marzo de 2011

yo soy el 51

Hola

esto se merece una mariscada a ver quien invita