Que é

O Banco de Tempo (BdT) é unha iniciativa sen ánimo de lucro, impulsada e coordinada pola Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II Comarca de Pontevedra para os concellos de Barro, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
O BdT da Comarca de Pontevedra, permite afrontar a organización do tempo dos/as cidadáns/as con criterios de sostibilidade.
Mediante o intercambio deste tipo de experiencias foméntase a igualdade, a solidaridade, a integración social, mellórase as relacións interpersoais, etc. É un xeito de participación cidadá baseado nos principios de reciprocidade, confianza e axuda mutua.
O BdT contribúe a crear vínculos sociais entre os membros dunha mesma comunidade , fomenta a integración na medida en que todos poden ter acceso aos mesmos servizos.
A conciliación da vida familiar, laboral e persoal, está relacionada coa administración e usos do tempo, sendo este un recurso para o desenvolvemento da calidade de vida. 

QUE É
O Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares, intercambiándose servizos entre os seus participantes, tendo como unidade de cambio a hora de tempo. 

OBXECTIVOS
  • Promover intercambios gratuítos de servizos entre as persoas.
  • Solventar as necesidades da vida cotiá.
  • Fomentar o coñecemento, relación e confianza nos demais. 
COMO FUNCIONA
As persoas depositan unhas horas de tempo ofrecendo un servizo que queren dar, e a cambio solicitan tempo doutra persoa para algunha necesidade que teñan. Nunca poderá existir unha relación económica entre os participantes. 

A QUEN VAI DIRIXIDO
A homes e mulleres maiores de idade que estén interesados en ofrecer e demandar servizos.